Novas

Un estudo recupera do esquecemento a “maxestosa” Flor de Santiago

El Correo Gallego 17/11/2009
Chegou a España nunha arca de madeira na primeira expedición naturalista financiada pola coroa, no século XVI // A investigación repasou máis de cinco mil fontes documentais en doce idiomas. “Exótica, solitaria e maxestosa”, a Flor de Santiago é, ademais dun “símbolo xacobeo”, a “imaxe arquetípica” da capital galega, segundo o proxecto de investigación elaborado pola arquitecta compostelá Ruth Varela e que contou co editor Miguel Anxo Fernán Vello como coordinador cultural. O proxecto, iniciativa da empresa Nidia Galicia, manexou máis de 5.000 fontes documentais en 12 idiomas diferentes, incluída unha lingua indíxena de México. Precisamente, a planta chegou a España procedente deste país a principios do século XVII. Durante a presentación dos resultados da análise, Fernán Vello definiu a Flor …  +Info

1 7 8