Proxecto cultural Flor de Santiago

O proxecto Flor de Santiago é un proxecto cultural con vocación de excelencia que nace a partir do descubrimiento da fermosísima Flor de Santiago; descubrimiento realizado pola arquitecta e investigadora compostelana Ruth Varela.
O obxectivo principal do proxecto Flor de Santiago é recuperar e valorizar un legado singular e de gran riqueza significante para o conxunto do patrimonio cultural inmaterial de Santiago de Compostela, de Galicia, de España e de México.

Destacados

Flor de Santiago, maxia da natureza en Toulouse

A Igrexa dos Jacobins, en Toulouse, acolleu o pasado 30 de maio a presentación da Flor de Santiago impulsada pola arquitecta e investigadora Ruth Varela. O magnífico escenario seleccionado pola arquitecta compostelá para a exhibición desta xoia da natureza é célebre pola elegante bóveda que cubre por completo a sua cabeceira: o Palmier —a Palmeira—, unha bóveda nervada que brota dun único piar e ascende até 28 metros de altura. E precisamente foi baixo a sombra desta Palmeira, concibida orixinalmente como unha grande “árbore da sabedoría e da fe”, onde [...]