Novas

Recuperan a historia da Flor de Santiago

La Voz de Galicia 17/11/2009
A planta orixinaria de México débelle o nome ao emblema da Orde dos Cabaleiros. Compostela, como Florencia, pode presumir de ter como emblema unha flor fermosísima. Se no caso da cidade toscana é un iris, a da capital galega é un Narcissus Indicus Jacobeus , primeiro nome botánico que recibiu en 1601 polo naturalista flamenco Clusius pola semellanza da flor coa cruz de Santiago que lucían xa daquela como emblema os Cabaleiros da Orde de Santiago. A historia é moi antiga, pero redescóbrea agora Ruth Varela, arquitecta compostelá especializada en arquitectura efémera, da man e co impulso mediático dun ambicioso proxecto da empresa Nidia Galicia. A investigadora presentou a descuberta xunto co escritor e coordinador cultural do proxecto Miguel Anxo Fernán Vello, e co poeta e académico Salvador…  +Info

Flor de Santiago, maxia da natureza en Toulouse

A Igrexa dos Jacobins, en Toulouse, acolleu o pasado 30 de maio a presentación da Flor de Santiago impulsada pola arquitecta e investigadora Ruth Varela. O magnífico escenario seleccionado pola arquitecta compostelá para a exhibición desta xoia da natureza é célebre pola elegante bóveda que cubre por completo a sua cabeceira: o Palmier —a Palmeira—, […] +Info

Un estudo recupera do esquecemento a “maxestosa” Flor de Santiago

El Correo Gallego 17/11/2009
Chegou a España nunha arca de madeira na primeira expedición naturalista financiada pola coroa, no século XVI // A investigación repasou máis de cinco mil fontes documentais en doce idiomas. “Exótica, solitaria e maxestosa”, a Flor de Santiago é, ademais dun “símbolo xacobeo”, a “imaxe arquetípica” da capital galega, segundo o proxecto de investigación elaborado pola arquitecta compostelá Ruth Varela e que contou co editor Miguel Anxo Fernán Vello como coordinador cultural. O proxecto, iniciativa da empresa Nidia Galicia, manexou máis de 5.000 fontes documentais en 12 idiomas diferentes, incluída unha lingua indíxena de México. Precisamente, a planta chegou a España procedente deste país a principios do século XVII. Durante a presentación dos resultados da análise, Fernán Vello definiu a Flor …  +Info

1 6 7