Opinión

Frei Martín Sarmiento [1695-1772]

“Flor hermosísima de color de fuego, que parece lilio, y no es.” 06/10/1755

 

Ramón Villares Paz

Presidente do Consello da Cultura Galega

“A Flor de Santiago é un símbolo-ponte entre Europa e América.” 24/05/2010 [I] / [II]

“Unha gran ocasión para poñer en valor non só Santiago senón Galicia a través deste pequeno presente da natureza que é a Flor de Santiago.” 24/05/2010 [III]

 

Alberto Núñez Feijóo

Presidente da Xunta de Galicia

“Probablemente haxa que pensar e repensar como podemos poñer en valor o feito histórico da recuperación da Flor de Santiago.” 24/05/2010 [IV]

“Creo que é un gran descubrimento, un descubrimento de moito tempo de estudio, un descubrimento de determinación dos seus autores, un descubrimento, ademais, da man dunha arquitecta de Compostela, de Ruth Varela.” 24/05/2010 [V]

 

Victor Manuel Vázquez Portomeñe

Medalla de ouro de Galicia pola súa “reinvención” do Xacobeo

“A Flor de Santiago, recentemente presentada, lamento profundamente non tela descuberto eu. Porque tería sido un símbolo magnífico, perfecto, do Xacobeo.” 06/06/2010 [VI]

 

Antonio Castro García

Presidente do Consello de Administración do Grupo Correo Gallego

“La recuperación de la Flor de Santiago es un auténtico “milagrazo” para Santiago y para Galicia.” 24/05/2010 [VII]

 

Salvador García-Bodaño

Escritor e membro da Real Academia Galega

“A Flor de Santiago é importantísima como elemento simbólico da cidade de Santiago.” 16/11/2009 [VIII]

“O descubrimento da Flor de Santiago é un feito que non debe pasar en modo algún desapercibido pola xente que ame a cultura e que ame este país.” 24/05/2010 [IX]

 

Miguel Anxo Fernán Vello

Escritor e editor

“Se a flor se concibe como imaxe arquetípica da alma, moi ben pode contemplarse esta flor nosa como unha imaxe arquetípica de Santiago.” 17/11/2009 [X]

“É unha flor que chega de América a Europa, a España, e que leva o nome de Santiago. E é tamén, por iso, unha flor galega, unha flor viaxeira, símbolo de diálogo entre América e Europa, pasando por Santiago de Compostela, que é unha das capitais europeas da cultura e unha das capitais de Occidente.” 24/05/2010 [XI]

 

Helena Villar Janeiro

Presidenta da Fundación Rosalía de Castro

“Non a poderei mirar cos mesmos ollos sabendo que procede do xardín do palacio de Moctezuma II. Que chegou a esta beira a finais do século XVI nuns bulbos que viaxaban en arca de madeira. Que floreceu en Sevilla en xardíns de persoeiros vinculados á Orde de Santiago e que é a flor simbólica da cidade que máis quero.” 20/11/2009 [XII]

 

Lupe Gómez

Poeta e xornalista

“Esa flor é humilde, sabia, evanescente. Semella que está viva e morta ao mesmo tempo. É tan delicada como unha gota de chuvia caendo lentamente sobre as pedras. Representa a paixón do intre, o poder dun ser vivo que aparentemente non é poderoso. Nesta flor vemos a delicadeza condensada, a tristura viva e alegre da cor vermella. A poesía e a beleza dormen –e espertan– xuntas.” 06/06/2010 [XIII]

 

  • [I] Palabras pronunciadas na presentación da Exposición “Flor de Santiago” no Espacio de arte de El Correo Gallego, 24/05/2010.
  • [II] El Correo Gallego, Galicia Hoxe e Correo TV, 25/05/2010.
  • [III] Ibídem I.
  • [IV] Ibídem I. Correo TV, 25/05/2010.
  • [V] Ibídem I.
  • [VI] Xornal de Galicia, 06/06/2010.
  • [VII] Ibídem I. El Correo Gallego, Galicia Hoxe, 25/05/2010.
  • [VIII] Declaracións realizadas na Rolda de prensa de Presentación da “Flor de Santiago”, emitidas en directo por Radio Nacional de España, Radio 5 e Radio exterior, 16/11/2009.
  • [IX] Ibídem I.
  • [X] Galicia Hoxe, 17/11/2009.
  • [XI] Ibídem I.
  • [XII] El Correo Gallego, 20/11/2009.
  • [XIII] Galicia Hoxe, Suplemento Lecer, 06/06/2010.