Exhibitions

Flor de Santiago made into a work of art

A sala do Grupo Correo Galego acolle unha mostra que reivindica esta planta como símbolo da cidade.
Formou parte do tesouro botánico azteca e estivo presente nos grandes centros cerimoniais de Mesoamérica. Así arranca a historia da Flor de Santiago, segundo o estudo de Ruth Varela en torno ao que xira o proxecto expositivo inaugurado onte na sala Espazo de Arte do Grupo Correo Galego, nun acto presidido polo xefe do Executivo galego, Núñez Feijóo, que o cualificou de “grande acontecemento”. […] +info

Flor de Santiago, magia de la naturaleza en Toulouse

A Igrexa dos Jacobins, en Toulouse, acolleu o pasado 30 de maio a presentación da Flor de Santiago impulsada pola arquitecta e investigadora Ruth Varela.
O magnífico escenario seleccionado pola arquitecta compostelá para a exhibición desta xoia da natureza é célebre pola elegante bóveda que cubre por completo a sua cabeceira: o Palmier —a Palmeira—, unha bóveda nervada que brota dun único piar e ascende até 28 metros de altura. E precisamente foi baixo a sombra desta Palmeira, concibida orixinalmente como unha grande “árbore da sabedoría e da fe”, onde a arquitecta decidiu colocar unha delicada composición de fermosísimas flores vermellas que atraían a atención do espectador.
Á singular elección do escenario sumouse a elaboración dun exquisito proxecto de arquitectura efémera centrado en acentuar a riqueza espacial da igrexa, xunto á beleza e o simbolismo das flores. Ademais dunha delicada posta en escena da luz, traballada con vaporosas veladuras e deliciosas variacións de cor, brillo e luminosidade…
+Info