A Igrexa dos Jacobins, en Toulouse, acolleu o pasado 30 de maio a presentación da Flor de Santiago impulsada pola arquitecta e investigadora Ruth Varela.
O magnífico escenario seleccionado pola arquitecta compostelá para a exhibición desta xoia da natureza é célebre pola elegante bóveda que cubre por completo a sua cabeceira: o Palmier —a Palmeira—, unha bóveda nervada que brota dun único piar e ascende até 28 metros de altura. E precisamente foi baixo a sombra desta Palmeira, concibida orixinalmente como unha grande “árbore da sabedoría e da fe”, onde a arquitecta decidiu colocar unha delicada composición de fermosísimas flores vermellas que atraían a atención do espectador.
Á singular elección do escenario sumouse a elaboración dun exquisito proxecto de arquitectura efémera centrado en acentuar a riqueza espacial da igrexa, xunto á beleza e o simbolismo das flores. Ademais dunha delicada posta en escena da luz, traballada con vaporosas veladuras e deliciosas variacións de cor, brillo e luminosidade…+Info