Proxecto Sitopías. Xornada de presentación de proxectos 08 e do grao de paisaxe + debate

O luns 11 de decembro, de 10:00 a 18:30 horas, na Sala 9 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, terá lugar a terceira Xornada do ciclo Sitopías. Unha xornada de presentación de proxectos na que participarán alumnos e profesores do taller do 9º cuadrimestre de proxectos 08 e do grao de Paisaxe da ETSAC, UDC, acompañada dun debate no que estarán presentes os seguintes convidados: Iago Lestegás (Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade histórica de Compostela), Marian Simón (GIAU+S UPM- Rede de Municipios pola Agroecoloxía), Leonor Lorenzo Ábalo e Rocío García Carregal (Slow food Compostela), Juan Soriano (Entrelampo), Manuel Rodríguez López (Fundación RIA), Eduardo Corbelle (TeBio-USC/CISPAC), Stefanía Barca (USC/CISPAC), Bibiana Martínez Álvarez (CISPAC), Lourenzo Fernández Prieto (HISTAGRA-USC/CISPAC), así como Ruth Varela (Asociación cultural Flor de Santiago), como coimpulsora da iniciativa.

 Esta xornada forma parte de Sitopías, un ciclo de debates de carácter multidisciplinar que, dende a arquitectura, ten como obxectivo abordar a importancia dos sistemas alimentarios de proximidade para a saúde do territorio e para a saúde humana, así como a importancia de recuperar e protexer un dos patrimonios máis valiosos de Galicia que é o seu metabolismo social tradicional. Isto implica impulsar e revalorizar a produción de proximidade e os mercados de abastos e, asemade, desenvolver as infraestruturas locais complementarias e os novos enfoques de planeamento que son necesarios para este fin.

O ciclo Sitopías está impulsado pola Asociación cultural Flor de Santiago e por profesorado do DPAUC, Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da ETSAC e está financiado pola Asociación cultural Flor de Santiago, grazas aos fondos competitivos da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro da Deputación da Coruña.

Directores do ciclo Sitopías: Ruth Varela e Emilio Rodríguez Blanco

Comité científico: Ruth Varela, Emilio Rodríguez Blanco, Ángeles Santos Vázquez, Enrique Seoane Prado e Miguel Serrano Pérez.

DATA:

Luns 11 de decembro 2023 – 10:00-18:30 horas

 LUGAR:

Sala 9, na planta baixa do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

 ORGANIZAN O ACTO:

Asociación cultural Flor de Santiago

Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición (DPAUC)

 COLABORAN:

Unidade de investigación pARQc, ETSAC, UDC

CISPAC

SUBVENCIONAN:

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña