Encontro científico Botánica en Compostela

O vindeiro 28 de decembro terá lugar o Encontro científico “Botánica en Compostela”; unha mesa de traballo formada por investigadores/as de distintas disciplinas que busca o intercambio de ideas, información, boas prácticas, así como a creación de redes de colaboración entre membros da comunidade investigadora co obxectivo de fortalecer a relación entre os seres humanos e o medio natural, promovendo a cultura botánica, o coñecemento científico asociado ás plantas, a comprensión global da paisaxe, e os lazos que nos unen á natureza.

O encontro Botánica en Compostela realizarase grazas ao soporte da Deputación da Coruña e á colaboración do CISPAC e está prevista a participación de María del Carmen Aldir Doval, bióloga e socia de BUO estudio; Emilio Rodríguez Blanco, arquitecto, paisaxista e profesor de proxectos e de paisaxe na ETSAC, UDC; María do Cebreiro, escritora, doutora en Literatura e Literatura comparada, investigadora e profesora na Facultade de Filoloxía da USC; Marta Rodríguez Fernández, arquitecta e Máster de Xardinería e Paisaxismo pola UPV; Ángeles Santos Vázquez, doutora arquitecta e profesora do departamento de construcións arquitectónicas da ETSAC, UDC; Ana Isabel Filgueiras Rei, arqueóloga, antropóloga e profesora-titora na UNED; e Ruth Varela, doutora arquitecta, investigadora e divulgadora científica.

Baixo a dirección de Ruth Varela e Emilio Rodríguez Blanco, membros da unidade de investigación pARQc, ETSAC, UDC.

 DATA:

Xoves 18 de decembro 2023 – 17:00-22:00 horas

 LUGAR:

Lar do CISPAC, Edificio Fontán da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

 ORGANIZAN O ACTO:

Asociación cultural Flor de Santiago

 COLABORAN:

CISPAC

SUBVENCIONAN:

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña