A Flor que desprende aroma a Compostela

Compostela é unha cidade que pode presumir de moitas cousas, sobre todo das súas xoias arquitectónicas. Agora, ademais, a capital do Apóstolo ten aroma. E é que a arquitecta compostelá Ruth Varela recuperou do esquecemento a “exótica, solitaria e maxestosa” Flor de Santiago. Non foi unha tarefa doada a deste proxecto de investigación, onde manexou máis de cinco mil fontes documentais en doce idiomas diferentes, incluída a lingua indíxena de México, que é precisamente de onde chegou esta fermosa Flor a España a principios do XVII. Agora, nada menos que cinco séculos máis tarde, desempoáronse os pétalos desta Flor que xa se considera “un fermoso símbolo xacobeo”, como destacou o editor Miguel Anxo Fernán- Vello. Para maior lustre, na presentación deste achado tamén participou o poeta Salvador García-Bodaño cun texto inédito sobre esta flor que asemella e moito a Cruz da Orde de Santiago. Cando faltan xa só dous meses para o Ano Santo non estaría de máis recuperar este símbolo para adornar o Xacobeo.

TEXTO: EDITORIAL

El Correo Gallego 17/11/2009