Historia

Flor de Santiago
Notas históricas

Flor de Santiago¹ é o nome común que designa a unha das flores de maior beleza e de maior pregnancia simbólica do reino das plantas. Unha flor que chega até nós co apelido botánico de Formosissima, que significa “a máis fermosa” (adxectivo concedido polo ilustre botánico sueco Carl von Linné en 1753). A Flor de Santiago é unha flor exótica, solitaria e maxestosa de extraordinaria beleza pero tamén, e sobre todo, a Flor de Santiago é un “elemento de comunicación simbólica” debido á súa cor vermella e á súa forma en cruz. O nome orixinal, en lingua náhuatl, Atzcalxóchitl, é o primeiro berce simbólico desta Flor, orixinaria de México, que estaría presente no seu tempo nos grandes centros cerimoniais de Mesoamérica, como no Cerro de la Estrella, e nos Xardíns Botánicos Reais, como o de Moctezuma II. A finais do século XVI a Flor viaxará a España no interior dunha “arca de madeira”, co delicado material da Primeira expedición naturalista…+Info

Flor de Santiago
Ardente soño de distancias

A suxestiva beleza da súa incríbel estrutura harmónica e colorista, veu xurdir entre nós co seu feitío fascinante dende os remotos horizontes do descoñecido e dende os espazos frondosos de ignotas xeografías, para converterse, nos nosos días, no símbolo floral da cidade de Santiago. Poderíase afirmar que é a máis fermosa de todas cantas flores existen no mundo. Xunto ao seu nome máis común leva o apelativo que a funde co gran mito occidental da cristiandade e con aqueles seus destemidos gardiáns a cabalgaren coma o vento nas sendas xubilares do medievo. Apareceu talmente saída de entre as láminas intanxíbeis dun tempo manuscrito e debuxado, para enraizar no misterio da antiga urbe levítica construída de choiva e sol e pedra, de sol por entre a choiva, de pedra e de sol a enmarcar as sombras e as voces. Como xerminada do intenso roibén dalgúns lentísimos solpores contra a alzada levedade das graníticas fachadas…+Info