Notizie

O emblema esquecido

Galicia Hoxe 17/11/2009
Miguel Anxo Fernán Vello e Ruth Varela reivindican a Flor de Santiago, traída a Europa desde América no século XVI, como símbolo da cidade e do país. Poucas cidades do mundo teñen como símbolo unha flor. Florencia, co seu lirio, é unha delas. E Santiago de Compostela é outra. Aínda que os seus veciños non o saiban. A Flor de Santiago é moi valorada en Europa, pero unha descoñecida no lugar que lle deu o seu nome. Para pórlle fin a este esquecemento, a empresa Nidia Galicia elaborou un proxecto de investigación, que dirixiu a arquitecta compostelá Ruth Varela. O baleirado de máis de 5.000 fontes documentais, dixitais, impresas e manuscritas, cunha cobertura lingüística que inclúe doce idiomas e unha amplitude cronolóxica que abrangue desde o século XVI ao presente, permitiu reconstruír a historia desta flor, orixinaria de México…  +Info

La Flor que desprende aroma a Compostela

El Correo Gallego 17/11/2009
Compostela é unha cidade que pode presumir de moitas cousas, sobre todo das súas xoias arquitectónicas. Agora, ademais, a capital do Apóstolo ten aroma. E é que a arquitecta compostelá Ruth Varela recuperou do esquecemento a “exótica, solitaria e maxestosa” Flor de Santiago. Non foi unha tarefa doada a deste proxecto de investigación, onde manexou máis de cinco mil fontes documentais en doce idiomas diferentes, incluída a lingua indíxena de México, que é precisamente de onde chegou esta fermosa Flor a España a principios do XVII. Agora, nada menos que cinco séculos máis tarde, desempoáronse os pétalos desta Flor que xa se considera “un fermoso símbolo xacobeo”, como destacou o editor Miguel Anxo Fernán- Vello. Para maior lustre, na presentación deste achado tamén participou o poeta Salvador García-Bodaño…  +Info

Recuperan a historia da Flor de Santiago

La Voz de Galicia 17/11/2009
A planta orixinaria de México débelle o nome ao emblema da Orde dos Cabaleiros. Compostela, como Florencia, pode presumir de ter como emblema unha flor fermosísima. Se no caso da cidade toscana é un iris, a da capital galega é un Narcissus Indicus Jacobeus , primeiro nome botánico que recibiu en 1601 polo naturalista flamenco Clusius pola semellanza da flor coa cruz de Santiago que lucían xa daquela como emblema os Cabaleiros da Orde de Santiago. A historia é moi antiga, pero redescóbrea agora Ruth Varela, arquitecta compostelá especializada en arquitectura efémera, da man e co impulso mediático dun ambicioso proxecto da empresa Nidia Galicia. A investigadora presentou a descuberta xunto co escritor e coordinador cultural do proxecto Miguel Anxo Fernán Vello, e co poeta e académico Salvador…  +Info

1 6 7 8