Novas

Convierten la Flor de Santiago en obra de arte

El Correo Gallego 25/5/2010
A sala do Grupo Correo Galego acolle unha mostra que reivindica esta planta como símbolo da cidade. Formou parte do tesouro botánico azteca e estivo presente nos grandes centros cerimoniais de Mesoamérica. Así arranca a historia da Flor de Santiago, segundo o estudo de Ruth Varela en torno ao que xira o proxecto expositivo inaugurado onte na sala Espazo de Arte do Grupo Correo Galego, nun acto presidido polo xefe do Executivo galego, Núñez Feijóo, que o cualificou de “grande acontecemento”. A mostra, articulada en torno a un exemplar ao natural da flor, que se exhibe no centro da sala, inclúe seis fotos de Pablo Carreño coas que se quere “reivindicar a flor como símbolo da cidade”. Tras as palabras de benvida do presidente do consello de administración do Grupo Correo Galego, Antonio Castro, que cualificou de… +Info

Alfaia da natureza

Galicia Hoxe 25/5/2010
A Flor de santiago regresa ao mundo occidental a través do Espazo de Arte do Grupo Correo Gallego como símbolo de Compostela e dos vínculos entre Europa e América. Como unha ponte entre Europa e América definiu onte o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, a Flor de Santiago, presentada onte no Espazo de Arte do Grupo Correo Gallego polos tres impulsores da súa recuperación, a arquitecta Ruth Varela, o editor Miguel Anxo Fernán-Vello e o poeta Salvador García Bodaño. Canda eles estivo no acto, xunto ao presidente do Consello de Administración do Grupo, Antonio Castro, o máximo responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que loou a iniciativa como un grande acontecemento. A presentación serviu para inaugurar o pro­xecto expositivo arredor desta peza singular da botánica, que inclúe unha serie…  +Info

Maxestosa, exótica e solitaria

Galicia Hoxe 23/5/2010
Ruth Varela e Miguel Anxo Fernán Vello foron os encargados de recuperar a Flor de Santiago, unha especie lendaria da botánica que desde mañá ocupa o Espazo de Arte do Grupo Correo. Flor de Santiago, nome común que designa unha das flores “de maior be­leza e de maior pregnan­cia simbólica do reino das plantas”, é a protago­nista absoluta do proxecto expositivo que mañá se presenta, a partir das oito da tarde, na sala Espazo de Arte do Grupo Correo Galego. Trátase dunha iniciativa nacida no marco do pro­xecto da USC Galicia en cartel, levada a cabo pola arquitecta Ruth Varela, e coa que se pretende “proxectar unha nova imaxe de Compostela de gran poder significante tanto na propia cidade como no resto de Galicia e do mundo”, segundo os seus artí­fices, a propia Ruth Varela e o escritor Miguel Anxo Fernán Vello, coordinador cultural da investigación histórica…  +Info

1 5 6 7 10