Encontro científico Botánica en Compostela

Botánica en CompostelaOs vindeiros 14 e 15 de decembro terá lugar o Encontro científico “Botánica en Compostela”; unha mesa de traballo formada por investigadores/as de distintas disciplinas que busca o intercambio de ideas, información, boas prácticas, así como a creación de redes de colaboración entre membros da comunidade investigadora co obxectivo de fortalecer a relación entre os seres humanos e o medio natural, promovendo a cultura botánica, o coñecemento científico asociado ás plantas, a comprensión global da paisaxe, e os lazos que nos unen á natureza.

O encontro realizarase grazas ao soporte da Deputación da Coruña e da unidade de investigación pARQc, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña e está prevista a participación de Aina S. Erice, bióloga e divulgadora científica; Eduardo Barba, xardineiro, paisaxista, profesor de xardinaría, investigador botánico en obras de arte e divulgador científico; Emilio Rodríguez Blanco, arquitecto, paisaxista e profesor de proxectos e de paisaxe na ETSAC, UDC; José Antonio Díaz Peromingo, biólogo, médico, divulgador científico e profesor da Facultade de Medicina da USC; María do Cebreiro, escritora, doutora en literatura e Literatura comparada, investigadora e profesora na Facultade de Filoloxía da USC; Miguel Serrano Pérez, doutor en bioloxía, investigador e profesor de botánica na Facultade de Bioloxía da USC; Ángeles Santos Vázquez, doutora arquitecta e profesora do departamento de construcións arquitectónicas da ETSAC, UDC; e Ruth Varela, doutora arquitecta, investigadora e divulgadora científica; e Ruth Varela, doutora arquitecta, investigadora e divulgadora científica.

Baixo a dirección de Ruth Varela e Emilio Rodríguez Blanco, membros da unidade de investigación pARQc, ETSAC, UDC.

Deputacion_A_Coruna