Asociación cultural

A Asociación cultural Flor de Santiago nace coa intención de impulsar o proxecto cultural Flor de Santiago e o seu obxectivo é «recuperar e valorizar un legado singular e de gran riqueza significante para o conxunto do patrimonio cultural de Santiago de Compostela, de Galicia, de España e de México, polo que entre as accións prioritarias inclúense aquelas dirixidas a potenciar o coñecemento histórico e científico desta flor, así como as accións culturais e de difusión necesarias para poñer en valor este coñecemento».

Se queres formar parte da Asociación cultural Flor de Santiago podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico ou do teléfono facilitado no apartado de contacto desta mesma páxina.

Xunta directiva da Asociación cultural Flor de Santiago
Presidenta: Ruth Varela
Vicepresidente: Pablo Carreño
Secretario: Juan Rodíguez-Grandjean