Botánica en Compostela

Encontro científico Botánica en Compostela 2023

Botánica en Compostela

O vindeiro 28 de decembro terá lugar o Encontro científico “Botánica en Compostela”; unha mesa de traballo formada por investigadores/as de distintas disciplinas que busca o intercambio de ideas, información, boas prácticas, así como a creación de redes de colaboración entre membros da comunidade investigadora co obxectivo de fortalecer a relación entre os seres humanos e o medio natural, promovendo a cultura botánica, o coñecemento científico asociado ás plantas, a comprensión global da paisaxe, e os lazos que nos unen á natureza. O encontro Botánica en Compostela realizarase grazas ao soporte da Deputación da Coruña e á colaboración do CISPAC e está prevista a participación de María del Carmen Aldir Doval, bióloga e socia de BUO estudio; Emilio Rodríguez Blanco, arquitecto, paisaxista e profesor de proxectos e de paisaxe na ETSAC, UDC; María do Cebreiro, escritora, doutora en Literatura e Literatura comparada, investigadora e profesora na Facultade de Filoloxía da USC; Marta Rodríguez Fernández, arquitecta e Máster de Xardinería e Paisaxismo pola UPV; Ángeles Santos Vázquez, doutora arquitecta e profesora do departamento de construcións arquitectónicas da ETSAC, UDC…+Info

Encontro científico Botánica en Compostela 2022

Botánica en Compostela

Os vindeiros 14 e 15 de decembro terá lugar o Encontro científico “Botánica en Compostela”; unha mesa de traballo formada por investigadores/as de distintas disciplinas que busca o intercambio de ideas, información, boas prácticas, así como a creación de redes de colaboración entre membros da comunidade investigadora co obxectivo de fortalecer a relación entre os seres humanos e o medio natural, promovendo a cultura botánica, o coñecemento científico asociado ás plantas, a comprensión global da paisaxe, e os lazos que nos unen á natureza. O encontro realizarase grazas ao soporte da Deputación da Coruña e da unidade de investigación pARQc, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña e está prevista a participación de Aina S. Erice, bióloga e divulgadora científica; Eduardo Barba, xardineiro, paisaxista, profesor de xardinaría, investigador botánico en obras de arte e divulgador científico…+Info