Sitopías

Proxecto Sitopías 05. Xornada de presentación en Compostela dos traballos de proxectos 08 e do grao de paisaxe + debate

O xoves, 25 de xaneiro, terá lugar no Salón de actos da ETSAC, UDC, de 10:00 a 14:00 h., unha Xornada de presentación de proxectos 08 e do grao de paisaxe da ETSAC, UDC, por parte do alumnado e do profesorado da asignatura + un debate con expertos e actores dos sistemas alimentarios de proximidade: Carolyn Steel (arquitecta); Leonor Lorenzo Abalo e Rocio Garcia Carregal de Slow Food Compostela; e Ruth Varela (Paisaje Arquitectura y Ciudad, ETSAC-UDC/ Asociación cultural Flor de Santiago, como coimpulsora da iniciativa). Esta xornada forma parte de Sitopías, un proxecto de carácter multidisciplinar que, dende a arquitectura, ten como obxectivo abordar a importancia dos sistemas alimentarios de proximidade para a saúde do territorio e para a saúde humana, así como a importancia de recuperar e protexer un dos patrimonios máis valiosos de Galicia que é o seu metabolismo social tradicional…+Info

Proxecto Sitopías 04. Xornada de presentación en Compostela dos traballos de proxectos 08 e do grao de paisaxe + debate

O luns 18 de decembro, de 10:30 a 14:00 horas, na planta baixa do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, terá lugar a cuarta Xornada do ciclo Sitopías. Unha xornada de presentación de proxectos na que participarán alumnos e profesores do taller do 9º cuadrimestre de proxectos 08 e do grao de Paisaxe da ETSAC, UDC, acompañada dun debate no que estarán presentes os seguintes convidados: 10:30-11:50 – Carolyn Steel (arquitecta e investigadora), Leonor Lorenzo Ábalo e Rocío García Carregal (Slow food Compostela), Manuel Rodríguez López (Fundación RIA), Fran Quiroga (investigador transdisciplinar); Lourenzo Fernández Prieto (HISTAGRA-USC/CISPAC), así como Ruth Varela (Asociación cultural Flor de Santiago), como coimpulsora da iniciativa. 12- 14:00 – Incorporaranse a sra. alcaldesa Dna. Goretti Sanmartín Rei e o sr. concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade histórica de Compostela…+Info

Proxecto Sitopías 03. Xornada de presentación de proxectos 08 e do grao de paisaxe + debate

O luns 11 de decembro, de 10:00 a 18:30 horas, na Sala 9 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, terá lugar a terceira Xornada do ciclo Sitopías. Unha xornada de presentación de proxectos na que participarán alumnos e profesores do taller do 9º cuadrimestre de proxectos 08 e do grao de Paisaxe da ETSAC, UDC, acompañada dun debate no que estarán presentes os seguintes convidados: Iago Lestegás (Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade histórica de Compostela), Marian Simón (GIAU+S UPM- Rede de Municipios pola Agroecoloxía), Leonor Lorenzo Ábalo e Rocío García Carregal (Slow food Compostela), Juan Soriano (Entrelampo), Manuel Rodríguez López (Fundación RIA), Eduardo Corbelle (TeBio-USC/CISPAC), Stefanía Barca (USC/CISPAC), Bibiana Martínez Álvarez (CISPAC), Lourenzo Fernández Prieto (HISTAGRA-USC/CISPAC), así como Ruth Varela (Asociación cultural Flor de Santiago)…+Info

Proxecto Sitopías 02. Xornada de presentación de proxectos 08 e do grao de paisaxe + debate

O mércores 8 de novembro, ás 10:00 horas, no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (ETSAC), terá lugar a segunda Xornada do ciclo Sitopías. Unha xornada de presentación de proxectos na que participarán alumnos e profesores do taller do 9º cuadrimestre de proxectos 08 e do grao de Paisaxe da ETSAC, UDC, acompañada dun debate no que estarán presentes os seguintes convidados: Carolyn Steel, Miguel Fernández (Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo), Leonor Lorenzo Ábalo e Rocío García Carregal (Slow food Compostela), Antonio Roade (Lagar do Vento), Lucía Escrigas (Fundación RIA), así como Ruth Varela (Asociación cultural Flor de Santiago), como coimpulsora da iniciativa. Esta xornada forma parte de Sitopías, un proxecto de carácter multidisciplinar que, dende a arquitectura, ten como obxectivo abordar a importancia dos sistemas…+Info

Proxecto Sitopías 01. Conferencia de Carolyn Steel

Carolyn Steel é unha destacada pensadora nos eidos que relacionan a alimentación e as cidades. Arquitecta e académicafincada en Londres, os seus premiados libros Hungry City: How Food Shapes Our Lives (2008) e Sitopia: How Food Can Save the World (2020) teñense traducido a 15 idiomas e o seu concepto de “sitopia” (lugar da comida) obtivo recoñecemento internacional nunha amplia gama de campos académicos, do deseño, a industria e as artes. Dende que estudou arquitecura na Universidade de Cambridge, Carolyn ten impartido clases e conferencias en varias universidades, entre elas Cambridge, London Metropolitan, Wageningen, Aeres e Slow Food (Pollenzo), así como na London School of Economics, onde foi Directora do primeiro Programa “Cities”. Directora non executiva de Kilburn Nightingale Architects…+Info