News

Recuperan a historia da Flor de Santiago

La Voz de Galicia 17/11/2009
A planta orixinaria de México débelle o nome ao emblema da Orde dos Cabaleiros. Compostela, como Florencia, pode presumir de ter como emblema unha flor fermosísima. Se no caso da cidade toscana é un iris, a da capital galega é un Narcissus Indicus Jacobeus , primeiro nome botánico que recibiu en 1601 polo naturalista flamenco Clusius pola semellanza da flor coa cruz de Santiago que lucían xa daquela como emblema os Cabaleiros da Orde de Santiago. A historia é moi antiga, pero redescóbrea agora Ruth Varela, arquitecta compostelá especializada en arquitectura efémera, da man e co impulso mediático dun ambicioso proxecto da empresa Nidia Galicia. A investigadora presentou a descuberta xunto co escritor e coordinador cultural do proxecto Miguel Anxo Fernán Vello, e co poeta e académico Salvador…  +Info

Flor de Santiago, magia de la naturaleza en Toulouse

A Igrexa dos Jacobins, en Toulouse, acolleu o pasado 30 de maio a presentación da Flor de Santiago impulsada pola arquitecta e investigadora Ruth Varela. O magnífico escenario seleccionado pola arquitecta compostelá para a exhibición desta xoia da natureza é célebre pola elegante bóveda que cubre por completo a sua cabeceira: o Palmier —a Palmeira—, unha bóveda nervada que brota dun único piar e ascende até 28 metros de altura. E precisamente foi baixo a sombra desta Palmeira, concibida orixinalmente como unha grande “árbore da sabedoría e da fe”, onde a arquitecta decidiu colocar unha delicada composición de fermosísimas flores vermellas que atraían a atención do espectador. Á singular elección do escenario sumouse a elaboración dun exquisito proxecto de arquitectura efémera centrado en acentuar a riqueza espacial da igrexa, xunto á beleza e o simbolismo das flores. Ademais dunha delicada posta en escena da luz, traballada con vaporosas veladuras e deliciosas variacións de cor, brillo e luminosidade…+Info

Un estudio recupera del olvido la “majestuosa” Flor de Santiago

El Correo Gallego 17/11/2009
Llegó a España en un arca de madera en la primera expedición naturalista financiada por la corona, en el siglo XVI // La investigación repasó más de cinco mil fuentes documentales en doce idiomas. “Exótica, solitaria y majestuosa”, la Flor de Santiago es, además de un “símbolo xacobeo”, la “imagen arquetípica” de la capital gallega, según el proyecto de investigación elaborado por la arquitecta compostelana Ruth Varela y que ha contado con el editor Miguel Anxo Fernán Vello como coordinador cultural. El proyecto, iniciativa de la empresa Nidia Galicia, manejó más de 5.000 fuentes documentales en 12 idiomas diferentes, incluida una lengua indígena de México. Precisamente, la planta llegó a España procedente de este país a principios del siglo XVII. Durante la presentación de los resultados del análisis, Fernán Vello definió la Flor…  +Info

1 9 10 11