Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

Sinopse

Con estas palabras, que se transcriben a continuación, expresaba o arquitecto Joaquín Vaquero Palacios, 1900-1998, os motivos que o levaron a residir en Compostela e a aceptar o encargo de proxectar a nova Praza de Abastos: «Entusiasmado de Galicia, recorrí sus caminos, visité sus aldeas y sus ciudades, cambié impresiones con sus gentes, escuchando su lenguaje musical, sus sentencias impregnadas de una filosofía profunda, y en mis recorridos fui atraído muy particularmente por la abundancia y la diversidad de granitos que existen y por el inteligente y hábil aprovechamiento que los gallegos hacen de ese precioso material» (…). «Santiago de Compostela me sedujo con tal fuerza y tal dulzura que me quedé varios años allí».

Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela é un documental realizado a partir dos resultados dun proxecto de investigación, até o de agora inédito, levado a cabo pola arquitecta Ruth Varela e quere amosar ao gran público as últimas indagacións sobre este fascinante mercado que foi pensado para lograr integrar a aldea e o campo na cidade, o románico co barroco e a tradición coa contemporaneidade. Alén diso, esta peza audiovisual quere ser, ao tempo, unha lección de arquitectura, un recoñecemento ao arquitecto Joaquín Vaquero Palacios e, moi especialmente, unha sentida homenaxe á Praza de Abastos, e a todo o que esta praza significa para Compostela, nun momento delicado no que o debate sobre o produto e o comercio de proximidade, e sobre a soberanía alimentaria, é máis importante que nunca. E tamén, compre resaltalo, nun momento en que os nosos praceiros e praceiras precisan de máis apoio que nunca.

Trailer" Os segredos do Mercado de abastos de Santiago de Compostela"

Trailer

Documental "Os segredos do Mercado de abastos de Santiago de Compostela"

Documental

 

 

 

 

 

Moi celebrado dende a súa inauguración en 1945, e actualmente un dos lugares máis visitados de Compostela, non obstante os seus valores e riqueza cultural seguen a ser descoñecidos. Esta peza audiovisual é a primeira produción que aborda no seu conxunto os detalles deste interesante exemplo de mercado que resulta ser, pola súa concepción innovadora e plasmación arquitectónica, único no mundo.

Créditos

  • Idea orixinal: Ruth Varela
  • Realización: Pablo Goluboff e Ruth Varela
  • Guión e asesoramento científico: Ruth Varela
  • Dirección de Fotografía: Pablo Goluboff e Marcos Cenamor
  • Montaxe e posprodución: Pablo Goluboff
  • Gravación Abastos: Pablo Goluboff e Marcos Cenamor
  • Gravación Madrid: Marta de la Torre
  • Gravación drons: Aeromedia
  • Operador de dron: Patrik Foltyn
  • Son directo e postprodución sonora: Alberto Blanco Fernández
  • Produción: Ruth Varela e Pablo Carreño
  • Revisión lingüística: Concepción Armas Quintá

Expertos, por orde de intervención:

  • Joaquín Vaquero Ibáñez, arquitecto, director de CLK architects
  • Enrique Seoane Prado, arquitecto, profesor da ETSAC, UDC
  • Ángeles Santos Vázquez, arquitecta, profesora da ETSAC, UDC
  • David Soengas Ben, canteiro, director de Murua rehabilitación
  • Fernando Agrasar Quiroga, arquitecto, profesor da ETSAC, UDC
  • Sonia Vázquez Díaz, arquitecta, profesora da ETSAC, UDC